Hola, soy una persona.

miércoles, 25 de abril de 2018

Escrava - videopoema


Ela sumisa,
enraizada na terra,
intenta soltarse
pero non a deixan.

Ela pasiva,
sen abrir a boca,
berrando por dentro
calando por fora.

Ninguén entende,
ninguén comprende,
Párense a ver á escrava
sen que ninguén faga nada.

E cun suspiro
intentará liberarse,
pero as súas cadeas
non a deixan deitarse.

E consumirase ela,
despois dunha vida illada,
despois de pasar as noites
sen liberdade, sen ansia.

Ela sumisa.
Ela pasiva.
Ela escrava.
                                    Ana Pena


No hay comentarios:

Publicar un comentario